“A formación continua é a diferenza ao teu favor ante os demais profesionais”.
Mariano Santos Vela, Director de Rianxo Formación
RIANXO FORMACIÓN nace en 2020 da man de Mariano Santos Vela ante a necesidade de mellorar a empregabilidade das persoas traballadoras de Rianxo e as súas zonas limítrofes, quen vense afectados pola temporalidade das actividades laborais e a escaseza de oportunidades de emprego.
Rianxo é unha bonita vila mariñeira, que vive principalmente do mar e das actividades relacionadas co marisqueo, a conserva e os estaleiros. Aínda que nos últimos anos, tamén experimentou un importante aumento das actividades turísticas. Por iso, poder acceder a outros sectores do mercado laboral ou mellorar a cualificación dos profesionais é unha vantaxe á hora de optar a novas oportunidades de emprego.
Ante a crecente demanda de formación profesional e a necesidade de acreditar a experiencia laboral, RIANXO FORMACIÓN especialízase na formación para o emprego e en calidade de centro autorizado pola Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE), vén impartindo desde a súa creación as accións formativas correspondentes ao Plan Formativo para o Emprego da Comunidade Autónoma de Galicia, destinado a mellorar as competencias profesionais das persoas traballadoras en situación de desemprego.