Saímos na TV!

RIANXO FORMACIÓN saíu  no Canal Barbanza  presentando a Formación para o Emprego, subvencionada pola Xunta de Galicia.

Como ben sabedes, estas accións formativas para persoas desempregadas ou ocupadas, son gratuítas e están programadas para facilitarvos o acceso a un traballo mellor.

Mediante as Competencias Clave (castelán, galego, matemáticas e inglés) poderedes acceder aos Certificados Profesionais e acreditar así a cualificación e as competencias profesionais necesarias para desempeñar diversas actividades e mellorar ou acceder ao emprego.

Conseguiredes un título oficial, homologado pola Xunta de Galicia, que ten validez en todo o territorio nacional.

Vinde ao noso centro de formación para consultar as diferentes axudas dispoñibles e os cursos que imos ter ao longo do ano.

Sempre sodes benvidos!

 

> Pincha na imaxe para ver o vídeo ou visita Canal Barbanza en Youtube 🙂

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *